Sobre Nós

A Asociación Galega de Arboricultura naceu coa idea de crear un foro interdisciplinar para atopar solucións a cada un dos problemas que se xeran na interrelación entre a árbore e a sociedade humana. Promover o coñecemento da árbore e as súas relacións co medio, como base dos criterios de actuación nos proxectos, o cultivo e a xestión do arboredo. Divulgar os coñecementos científicos da bioloxía arbórea e as técnicas de arboricultura. Protexer o patrimonio arbóreo das agresións a que está sometido por descoñecemento, desidia ou vandalismo. Regular as actividades que afecten ao arboredo para que se establezan uns estándares de calidade que eviten xestións incorrectas. Realizar actividades de educación ambiental, formación e voluntariado, dirixidas a novos, asociacións xuvenís e sector educativo (docentes e alumnos), como destinatarios habituais, e ao público en xeral.

A dia de hoxe somos mais de 40 socixs que pretendemos ser un espazo participativo onde teñan cabida profesionais do sector, estudantes, técnicxs, empresas e todx xs amantes do arboredo. Un foro que nos poda servir para relacionarnos entre nos e expoñer ideas e proxectos conxuntamente.